Vista da Alameda e do conxunto histórico de Tui

Cultura

Oficios e identidade

O Tui máis vivo: a artesanía e os oficios, os muíños de auga, a arte en pedra e as fábricas que marcaron a historia industrial da cidade.

Artesanía e deseño local expostos en Mercarte, Tui

Artesanía de Galicia

Artesanía de Tui

Tui combina oficios tradicionais do Baixo Miño con propostas contemporáneas de deseño téxtil, coiro, madeira e xoiería de autor. Varios obradoiros locen o selo oficial Artesanía de Galicia e abren as súas portas ao visitante.

A artesanía tamén sae á rúa na Feira de Artesanía de maio e no pop-up Mercarte impulsado polo Concello.

Patrimonio imprescindible

Catedral de Santa María

Cultura

Catedral de Santa María

Unha fortaleza de pedra onde conviven o románico e o gótico, cun claustro medieval único en Galicia.

Muralla Medieval

Cultura

Muralla Medieval

Os lenzos e portas da antiga defensa aínda debuxan o corazón monumental de Tui.

Igrexa de San Bartolomeu de Rebordáns

Cultura

Igrexa de San Bartolomeu de Rebordáns

Un dos templos máis antigos de Galicia, ligado aos camiños históricos que atravesan Tui.

O conxunto histórico monumental

A Catedral, as murallas, os conventos e as prazas do segundo conxunto histórico de Galicia están na sección de Patrimonio.

Volver a Que facer